Friday 29 de March de 2024

Malpica transformará a Casa do Oleiro de Buño nun centro de día antes de que remate o ano


• O alcalde, Walter Pardo, asinou a acta de reformulación coa que se dotará dun novo propósito a infraestrutura, que terá capacidade para unha vintena de persoas usuarias.

• O proxecto, unha demanda histórica da veciñanza malpicá, conta cun orzamento de 272.170 euros que contarán co financiamento da Xunta de Galicia.

A Casa do Oleiro de Buño quedará convertida nun centro de día antes de que remate o 2021. O alcalde do Concello de Malpica, Walter Pardo, asinou esta semana a acta de reformulación para a reforma da infraestrutura.

Así, está cada vez máis cerca de converterse en realidade unha das demandas históricas da veciñanza do municipio. O proxecto conta cun orzamento total de 272.170 euros que serán cofinanciados pola Xunta de Galicia.

Esta actuación permitirá reconducir a finalidade da infraestrutura para dotar dun servizo de atención cidadá a unha vintena de persoas usuarias. Neste sentido, o rexedor malpicá destacou “o importante incremento no nivel de benestar da veciñanza que se conseguirá unha vez remate o proceso de transformación das instalacións”.

Walter Pardo subliñou que se trata dunha iniciativa “coa que se dá resposta a unha necesidade que manifestou de xeito directo o noso pobo durante moitos anos” e coa que se segue “unha liña de traballo do goberno local que se mantén man a man coa veciñanza de Malpica.